Notas de prensa

GAS NATURAL FENOSA recibiu hoxe o distintivo ‘Empresa Más Igual’ 2018 que outorga a Comunidade de Madrid e que recoñece as empresas que destacan polas súas accións de responsabilidade social corporativa no campo da igualdade.
A Fundación GAS NATURAL FENOSA presentou onte La calidad del aire en las ciudades. Un reto mundial, unha publicación que analiza as causas e consecuencias dunha baixa calidade do aire e expón plans de mellora e propostas de actuación para atallar o problema.
Unión Fenosa Distribución, filial de distribución eléctrica de GAS NATURAL FENOSA, investirá en 2018 un total de 7,54 millóns de euros a traballos de talla selectiva e poda de árbores e roza para garantir o óptimo funcionamento da subministración eléctrica. Por provincias, Unión Fenosa Distribución destinará 2,7 millóns na Coruña, 1,7 en Lugo, 1,6 en Ourense e 1,4 millóns na provincia de Pontevedra.
O vicepresidente da Fundación GAS NATURAL FENOSA, e director xeral de Comunicación e Relacións Institucionais da compañía enerxética, Jordi Garcia Tabernero; o presidente de Cruz Vermella Española, Javier Senent; e o director xeral da Fundación, Martí Solà, renovaron hoxe o convenio de colaboración para axudar os colectivos en risco de vulnerabilidade enerxética en España.
GAS NATURAL FENOSA puxo en marcha unha planta piloto de creación de gas renovable (metanación), unha iniciativa que se enmarca dentro da súa estratexia de produción de gases renovables compatibles coa subministración de gas natural.
GAS NATURAL FENOSA definiu unha estrutura organizativa na que se reforzan as áreas de negocio e se simplifican tanto estas coma as corporativas. A nova xestión da compañía dota as unidades de negocio de plena responsabilidade no seu ámbito de actuación.