A Enerxía

A maior compañía integrada de gas e electricidade de España

Estamos presentes nos negocios da electricidade e o gas, dende a súa obtención ata a distribución e a comercialización

O noso modelo de negocio diferénciase por ser líder no sector do gas e ser un referente no sector eléctrico, en ambos os dous casos é garantía de subministración regular de gas e electricidade, esencial para prestar un servizo de calidade e para o cumprimento da función social da compañía, ao tempo que proporcionamos unha ampla oferta de servizos de valor engadido e impulsamos a innovación sostible como motor de desenvolvemento.

Renovables

Electricidade

Gas

Con presenza en todo o mundo

Estamos presentes en máis de 20 países e actuamos na xeración, o aprovisionamento, a distribución e a comercialización de gas e electricidade en todo o mundo.

​Distribución de gas e electricidade.
Comercialización e infraestrutura GN/GNL.
Xeración renovable (eólica, solar e hidráulica).
Xeración ciclos combinados e fuel.
Proxectos xeración renovable (solar e almacenamento)
​Aprovisionamento, infraestrutura e comercialización GN/GNL
Xeración eólica
Gasoduto
​Exploración, transporte, distribución e comercialización de gas e electricidade.
Xeración: ciclo combinado, nuclear, hidráulica, solar, coxeración, mini hidráulica e eólica.

Comercialización GN/GNL.
Comercialización electricidade.
Regasificación Montoir.

​Aprovisionamento e infraestrutura GN/GNL.
Gasoduto Medgaz.

​Aprovisionamento, infraestrutura e comercialización GN/GNL (planta licuefacción Qalhat).

Con compañías especializadas

Contamos con empresas especializadas en diferentes partes do proceso da enerxía (xeración, distribución e comercialización), tanto no sector gasista coma no eléctrico.

Global Power Generation (GPG) é unha compañía do grupo Naturgy dedicada ao negocio de xeración eléctrica. Desenvolve e xestiona activos de xeración cun enfoque global, ofrece servizos de enxeñaría e operación, e de mantemento das súas instalacións.

UFD enfócase no desenvolvemento, tecnificación e dixitalización de redes eléctricas. Encárgase da actividade regulada de distribución eléctrica do Grupo Naturgy. A súa actividade básica é a transmisión de enerxía eléctrica dos centros de xeración ata os consumidores finais.

Nedgia é a compañía de distribución de gas do grupo Naturgy en España, responsable do desenvolvemento, operación e mantemento de redes de gas. Desenvolve solucións innovadoras e eficientes, e promove os novos usos do gas.