Anllares

As instalacións da central térmica de Anllares localízanse en Anllares del Sil, en León

A central térmica de Anllares estaba situada en Anllares del Sil, no termo municipal de Páramo del Sil, na provincia de León, sendo o núcleo urbano próximo máis importante Ponferrada, a uns 40 km ao sur da localización da instalación. A instalación é propiedade das empresas Naturgy Generación, S.L.U. e Endesa Generación en proporción de dous terzos e un terzo respectivamente. Para a súa explotación comercial, constituíuse unha agrupación de empresas denominada “Central Térmica de Anllares – Comunidad de bienes”, sendo Naturgy a responsable da xestión.

Datos de interese

1982

Ano inicio operación comercial

Instalacións adxacentes

Encoro de vertedoiro de cinzas e escouras

01/07/19

Data inicio desmantelamento

29 meses

Prazo estimado fin desmantelamento

98%

Grao avance desmantelamento

Vantaxes
Desvantaxes

Na definición dos traballos de desmantelamento, consideráronse prioritarias as medidas medioambientais e os procedementos de seguridade para levalo a cabo de forma axeitada e sen afectar a terceiros nin á contorna.

Os edificios e instalacións das centrais presentan diferentes tipos e combinacións de elementos estruturais, polo que na metodoloxía de desmontaxe e demolición se está a empregar unha mestura de procedementos, tanto manuais como mecánicos, e nalgúns casos combinados, coa utilización de explosivos mediante a execución de voaduras controladas.

Traballos de desmantelamento realizados
Os traballos de desmantelamento que se realizaron ata a data:  
 
  • Completáronse as tarefas de limpeza e eliminación de atmosferas explosivas de depósitos e circuítos. 

  • Desmanteláronse os sistemas eléctricos (incluídos os transformadores de potencia), os equipos principais (turbina, alternador, muíños, ventiladores…) e boa parte das canalizacións de interconexión entre caldeira e turbina, tras retirar previamente o illamento térmico destas.
Contratacións locais

Estes traballos contan cunhas 90 persoas en obra, das cales as seguintes son de contratación local:

 
  • 9 persoas procedentes da listaxe do Instituto de Transición Xusta (delas, 7 son residentes en Cerceda, Ordes ou Carral).
  • 17 persoas residentes en Cerceda, Ordes ou Carral.

  • 45 persoas residentes noutros concellos da provincia.
  • Participación puntual de empresas locais

Naturgy completa con éxito a voadura da torre de refrixeración da central térmica de Anllares

Tras varias semanas de preparación, Naturgy realizou hoxe con éxito a voadura controlada da torre de refrixeración da central térmica de Anllares. A operación levouse a cabo coas máximas medidas de seguridade, mínimo impacto ambiental e cun cumprimento rigoroso da normativa vixente. A torre tiña unha altura de aproximadamente 111 metros e o seu diámetro no chan de 33 metros; a súa forma hiperboloide representa un volume duns 745.000 m3 e un peso de máis de 8.000 toneladas.

Naturgy completa con éxito a voadura da caldeira da central térmica de Anllares

Tras varias semanas de preparación, Naturgy realizou hoxe con éxito a voadura controlada da caldeira da central térmica de Anllares. A operación levouse a cabo coas máximas medidas de seguridade, mínimo impacto ambiental e cun cumprimento rigoroso da normativa vixente. A caldeira tiña unha altura de 61 metros e un peso estimado de 8.200 toneladas.

Naturgy completa con éxito a voadura da cheminea da central térmica de Anllares

Tras varias semanas de preparación, Naturgy realizou hoxe con éxito a voadura controlada da cheminea da central térmica de Anllares. A operación levouse a cabo coas máximas medidas de seguridade, mínimo impacto ambiental e cun cumprimento rigoroso da normativa vixente.

Información de interese