Narcea

A central térmica de Narcea estaba situada en Soto de la Barca, Asturias

A central térmica de Narcea estaba situada en Soto de la Barca, pertencente ao termo municipal de Tineo, no Principado de Asturias. Encóntrase a unha altitude de 213 m sobre o nivel do mar, nas beiras do río Narcea.

Datos de interese

1969

Ano inicio operación comercial

Instalacións adxacentes

2 vertedoiros de xesos, cinzas e escouras

29/09/21

Data inicio desmantelamento

41 meses

Prazo estimado fin desmantelamento

32%

Grao avance

Ventaxes
Desvantaxes

Na definición dos traballos de desmantelamento, consideráronse prioritarias as medidas medioambientais e os procedementos de seguridade para levalo a cabo de forma axeitada e sen afectar a terceiros nin á contorna.

Os edificios e instalacións das centrais presentan diferentes tipos e combinacións de elementos estruturais, polo que na metodoloxía de desmontaxe e demolición se está a empregar unha mestura de procedementos, tanto manuais como mecánicos, e nalgúns casos combinados, coa utilización de explosivos mediante a execución de voaduras controladas.

Traballos de desmantelamento realizados

Os traballos de desmantelamento que se realizaron ata a data: 

 
  • Completáronse as tarefas de limpeza e eliminación de atmosferas explosivas de depósitos e circuítos. 

  • Desmanteláronse os sistemas eléctricos (incluídos os transformadores de potencia), os equipos principais (turbina, alternador, muíños, ventiladores…) e boa parte das canalizacións de interconexión entre caldeira e turbina, tras retirar previamente o illamento térmico destas.

Contratacións locais

Estes traballos contan cunhas 90 persoas en obra, das cales as seguintes son de contratación local:

 
  • 9 persoas procedentes da listaxe do Instituto de Transición Xusta (delas, 7 son residentes en Cerceda, Ordes ou Carral).

  • 17 persoas residentes en Cerceda, Ordes ou Carral.

  • 45 persoas residentes noutros concellos da provincia.

  • Participación puntual de empresas locais

Proxectos

A situación da maior parte da parcela en “zona inundable” fai difícil o desenvolvemento de futuras actividades industriais e descartouse utilizar as da presa existente e outras instalacións situadas na beira do río, ao ser este uso incompatible coa restauración da canle. Estanse a analizar posibles solucións para a protección da parcela, tendo en conta os criterios da CHC.

O estudo do aproveitamento por un terceiro das cinzas depositadas no vertedoiro de residuos non perigosos da central e a restauración do poboado poden ser unha oportunidade para novas actividades.

Naturgy inicia el desmantelamiento de la central térmica del Narcea

Naturgy ha recibido la última autorización necesaria para iniciar el desmantelamiento de la central térmica del Narcea. Esta central, situada en Soto de la Barca, dentro del término municipal de Tineo (Principado de Asturias), comenzó su operación comercial en 1965 y la compañía solicitó autorización para su parada definitiva y cierre en diciembre de 2018. 

Información de interés