A central térmica de Meirama estaba situada na parroquia das Encrobas, na provincia da Coruña
A central térmica de Meirama estaba construída nas proximidades dun xacemento de lignito, co obxectivo de aproveitar este combustible, pero o esgotamento das reservas da mina fixeron que fose substituído pola hulla en 2008. Tras isto, Naturgy transformou a antiga mina nun lago artificial, o lago Meirama, unha das maiores actuacións de rehabilitación medioambiental realizadas en España. O proxecto, que contou cun investimento de 60 millóns de euros, recupera o espazo afectado pola actividade mineira de maneira sostible, coa creación dun gran lago de 2,2 km de lonxitude e un quilómetro de anchura (171 hectáreas) no antigo oco da mina, e a reforestación dos terreos e dos depósitos de estériles da mina. Xerou un grande espazo protexido de biodiversidade que supoñerá un pulo ao desenvolvemento económico, turístico e ambiental da zona, polo valor natural do espazo creado.
Datos de interese
Ano inicio operación comercial
2 encoros, 1 vertedoiro de cinzas e escouras
Data inicio desmantelamento
Prazo estimado fin desmantelamento
Grao avance desmantelamento
- Dispoñibilidade de punto de evacuación eléctrica
- Dispoñibilidade de subministración eléctrica
- Solo industrial en toda a parcela
- Boas comunicacións por estrada
- Boas comunicacións por ferrocarril, con instalación de descarga propia
- Proximidade da rede de gas: O gasoduto de Reganosa na propia parcela. Gasoduto de Enagás a poucos quilómetros
- Proximidade ao porto da Coruña (25 km)
- Proximidade a outras instalacións industriais importantes (Sogama, Repsol,…)
- Parcela dividida en dúas partes por unha estrada e con zonas a distintos niveis
Na definición dos traballos de desmantelamento, consideráronse prioritarias as medidas medioambientais e os procedementos de seguridade para levalo a cabo de forma axeitada e sen afectar a terceiros nin á contorna.
Os edificios e instalacións das centrais presentan diferentes tipos e combinacións de elementos estruturais, polo que na metodoloxía de desmontaxe e demolición se está a empregar unha mestura de procedementos, tanto manuais como mecánicos, e nalgúns casos combinados, coa utilización de explosivos mediante a execución de voaduras controladas.
Os traballos de desmantelamento que se realizaron ata a data:
Completáronse as tarefas de limpeza e eliminación de atmosferas explosivas de depósitos e circuítos.
Desmanteláronse os sistemas eléctricos (incluídos os transformadores de potencia), os equipos principais (turbina, alternador, muíños, ventiladores…) e boa parte das canalizacións de interconexión entre caldeira e turbina, tras retirar previamente o illamento térmico destas.
Estes traballos contan cunhas 90 persoas en obra, das cales as seguintes son de contratación local:
9 persoas procedentes da listaxe do Instituto de Transición Xusta (delas, 7 son residentes en Cerceda, Ordes ou Carral).
17 persoas residentes en Cerceda, Ordes ou Carral.
45 persoas residentes noutros concellos da provincia.
Participación puntual de empresas locais
Proxectos alternativos
Tres proxectos de xeración eólica, cun total de 117 MW, que se espera que xeren 850 empregos directos e 379 empregos indirectos:
- Meirama (49,5 MW)
- As Encrobas (20 MW)
- Teixos (48 MW)
Desenvolvemento dun hub de produción de hidróxeno cun electrolizador de 30 MW, na fase 1, e ata 200 MW na fase 2, nos terreos da central térmica para subministrar a industrias locais para o seu consumo como materia prima en substitución do hidróxeno gris, e para usos térmicos substituíndo combustibles fósiles, para o seu uso como combustible en mobilidade e para inxectar na rede de gas natural.
O emprego previsto deste proxecto é de 650 empregos directos e indirectos durante a construción, e 70 empregos directos e indirectos durante a operación e mantemento.
Proxectos en estudo
Adicionalmente están en estudo os seguintes proxectos que serían realizados por terceiros:
Transmisión a Red Eléctrica dunha parte da subestación de 230 kV, correspondente ás antigas posicións de xeración, para a conexión á rede de transporte da nova xeración renovable prevista na zona.
Tamén se está a considerar a transmisión de terreo para a construción dunha nova subestación asociada á nova xeración renovable prevista na zona, así como para a implantación dos proxectos de hidróxeno e biogás.
Subscribiuse un acordo para a transmisión a un terceiro do vertedoiro de residuos non perigosos da central. Este vertedoiro estaba previsto para o depósito das cinzas e escouras da central e soamente está ocupado aproximadamente un 10% da súa capacidade total. Coa transmisión a un terceiro (suxeito a autorizacións administrativas) como alternativa ao seu selado e clausura, dispoñeríase de capacidade para o depósito de RNP (actualmente en Galicia hai pouca capacidade dispoñible e é previsible que a curto prazo sexa necesario habilitar novos vertedoiros) e manteríase esta actividade na zona, que pode supoñer uns dez postos de traballo.
Naturgy obtivo a declaración de impacto ambiental (DIA) favorable para o parque eólico Encrobas, paso previo ao outorgamento da resolución de autorización administrativa e de construción, que permitirán, xunto coa obtención das licenzas de obra municipais, comezar os traballos de construción desta instalación.
Meirama acollerá o futuro hub galego de produción de hidróxeno renovable. O proxecto inclúe a instalación dunha planta de electrólise alimentada con enerxía 100% renovable nos terreos da antiga central térmica de Meirama, no municipio de Cerceda (A Coruña).
O parque eólico Meirama, situado nos concellos de Cerceda, Carral e Ordes, é un dos proxectos incluídos no plan alternativo que está a desenvolver Naturgy asociado ao peche da central térmica de Meirama, e que supoñerá novos investimentos en xeración renovable e produción de gases renovables na bisbarra e en Galicia nos próximos anos.
- Política global de medio ambiente