O Grupo

Un grupo multinacional presente en mais de 20 países

Somos un grupo enerxético multinacional innovador e sostible presente no negocio da electricidade e o gas

O noso modelo de negocio desenvólvese a través dun amplo número de empresas principalmente en España, Latinoamérica (Arxentina, Chile, Brasil, México e Panamá) e Australia. Ao longo da cadea de valor, o noso modelo de negocio diferénciase por ser líder no sector do gas e ser un referente no sector eléctrico, en ámbolos dous casos garantindo a continuidade da subministración, aspecto esencial para prestar un servizo de calidade e para o cumprimento da nosa función social; proporcionando unha ampla oferta de servizos de valor engadido e impulsando a innovación sostible como motor de desenvolvemento.

Quen somos?
Somos un grupo dedicado á xeración, distribución e comercialización de enerxía e servizos que treballa para garantir o benestar das personas, o progreso de empresas e sociedade e a sustentabilidade do planeta.
Máis de 16 millóns de clientes
Tenemos unha potencia instalada de 16,2 GW e un mix diversificado de xeración de electricidade
Qué fazemos
Operamos nos mercados regulados e liberalizados de gas e electricidade, cunha contribución crecente da actividade internacional, principalmente nos seguintes ámbitos:
Distribución de gas e electricidade
Xeración e comercialización de electricidade
Infraestructura, aprovisionamento e comercialización de gas

Presenza internacional

Distribución de gas e electricidade.
Comercialización e infraestrutura GN/GNL.
Xeración renovable (eólica, solar e hidráulica).
Xeración ciclos combinados e fuel.
Proxectos xeración renovable (solar e almacenamento)
 
​Aprovisionamento, infraestrutura e comercialización GN/GNL
Xeración eólica
Gasoduto
​Exploración, transporte, distribución e comercialización de gas e electricidade.
Xeración: ciclo combinado, nuclear, hidráulica, solar, coxeración, mini hidráulica e eólica.

Comercialización GN/GNL.
Comercialización electricidade.
Regasificación Montoir.

​Aprovisionamento e infraestrutura GN/GNL.
Gasoduto Medgaz.

​Aprovisionamento, infraestrutura e comercialización GN/GNL (planta licuefacción Qalhat).

Con compañías especializadas

Contamos con empresas especializadas en diferentes partes do proceso da enerxía (xeración, distribución e comercialización), tanto no sector gasista coma no eléctrico.

Global Power Generation (GPG) é unha compañía do grupo Naturgy dedicada ao negocio de xeración eléctrica. Desenvolve e xestiona activos de xeración cun enfoque global, ofrece servizos de enxeñaría e operación, e de mantemento das súas instalacións.

UFD enfócase no desenvolvemento, tecnificación e dixitalización de redes eléctricas. Encárgase da actividade regulada de distribución eléctrica do Grupo Naturgy. A súa actividade básica é a transmisión de enerxía eléctrica dos centros de xeración ata os consumidores finais.

Nedgia é a compañía de distribución de gas do grupo Naturgy en España, responsable do desenvolvemento, operación e mantemento de redes de gas. Desenvolve solucións innovadoras e eficientes, e promove os novos usos do gas.