Innovamos para ti
A innovación é unha das nosas pancas clave de crecemento
A forma de concibir a innovación permítenos transformar os riscos en oportunidades, como contribución á creación dunha compañía áxil e capaz de vivir con solvencia nun marco de transformación constante.
Ademais, habilita a incorporación de novas ou mellores prácticas, novos modelos de negocio e tecnoloxías que permiten que sexamos máis eficientes e competitivos, sempre á vangarda e poñendo o cliente no centro de todo o noso esforzo.
Liñas estratéxicas
- Gas renovable
Desenvolvemos proxectos para producir e inxectar gas renovable na rede co fin de fomentar un modelo enerxético sostible e circular. Un produto de economía circular 100% renovable que converte un residuo nunha solución.
- Hidróxeno
Producimos este gas renovable, chamado a ser o vector enerxético do futuro, vía electrólise cos excedentes de electricidade renovable para o seu uso no sector doméstico, industrial ou mobilidade.
- Xeración distribuída e almacenamento
Promovemos infraestruturas e sistemas intelixentes para descentralizar os puntos de distribución de enerxía, o que transforma os modelos actuais e xera novas oportunidades de negocio.
- Mobilidade sostible
Desenvolvemos solucións sostibles para o transporte pesado e lixeiro, a través do uso e desenvolvemento do biometano, o hidróxeno verde, a electricidade e o GNV. Apostamos por combustibles alternativos para descarbonizar a economía.
- Xeración renovable e almacenamento
Apostamos por un mix enerxético equilibrado e unha xestión eficiente dos recursos renovables, a partir de proxectos e iniciativas innovadoras en xeración renovable, como a eólica offshore flotante ou a hibridación con almacenamento.
Os nosos proxectos de innovación
Almacenamento
Proxecto de hibridación renovable StoreLAB
Hidróxeno
Planta de hidróxeno verde de La Robla
Gas renovable
Mobilidade sostible
LNG on Wheels
Innovación aberta
Mantemos unha actitude aberta e innovadora para identificar oportunidades e desenvolver novos modelos de negocio que atendan as demandas do mercado e dos clientes. Naturgy favorece o emprendemento, tanto dentro da compañía coma en colaboración con universidades, start-ups, organismos de investigación, emprendedores ou Administracións públicas.
Innovahubs
A través das iniciativas de innovación aberta, mantemos unha actitude aberta para observar e identificar oportunidades, tendencias e coñecer o estado e desenvolvemento de novos modelos de negocio e servizos, así como os seus avances, co obxectivo de encontrar novas ideas que poidan atender as demandas dos mercados e os clientes.
Contacto innovahub@naturgy.com