Inicio / Sustenibilidade / Medio Ambiente / Cambio climático e transición enerxética
Cambio climático e transición enerxética
- Alcanzar a neutralidade climática como moi tarde en 2050 a través da redución do total das emisións alcance 1, 2 e 3, establecendo obxectivos intermedios aliñados coas sendas de redución 1,5 ºC-2 ºC do Acordo de París.
- Aliñar os novos investimentos coas metas do Acordo de París, promovendo as enerxías renovables e descarbonizadas, o aforro e a eficiencia enerxética e a adaptación climática.
- Publicar anualmente a pegada de carbono en todos os seus alcances, verificada por un terceiro independente, establecendo sistemas de seguimento e redución das emisións.
- Integrar a variable climática na xestión de riscos e oportunidades e na planificación estratéxica, de acordo coas recomendacións do Task Force on Climate-related Financial Disclosure (TCFD).
- Apoiar as negociacións internacionais de cambio climático e os mecanismos de mercado que impulsen o desenvolvemento das tecnoloxías máis adecuadas en cada etapa da transición enerxética.
- Impulsar directamente, e a través de alianzas con outros actores, políticas climáticas aliñadas co Acordo de París, asegurando a permanencia unicamente nas entidades que cumpran con este criterio e publicando anualmente a listaxe destas.
- Impulsar a descarbonización en liña cos principios de transición xusta e involucrar á cadea de subministración, promovendo accións que reduzan a pegada de carbono das empresas colaboradoras.
.
- Construímos novos proxectos de xeración de electricidade renovable para cumprir o noso obxectivo de triplicar a nosa potencia renovable instalada en 2025.
- Pechamos de xeito programado as nosas centrais térmicas de carbón en 2020.
- Proporcionamos aos nosos clientes gas natural, que despraza outros combustibles máis contaminantes, como o carbón ou o petróleo, para evitar a emisión anual de millóns de toneladas de CO2 á atmosfera.
- Impulsamos a mobilidade eléctrica e a gas para mellorar a calidade do aire e a saúde nas cidades.
- Proporcionamos aos nosos clientes servizos enerxéticos que lles axuden a aforrar na súa factura e a reducir o cambio climático.
- Reducimos as emisións fuxitivas nas nosas redes de gas, mediante a renovación de materiais e a implantación de melloras tecnolóxicas e operativas.
- Establecemos obxectivos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro aliñados coa ciencia.
- Seguimos as recomendacións do Task Force on Climate-Related Financial Disclosure (TCFD).
- Colaboramos coas Administracións públicas, asociacións e outras entidades para a creación e difusión de coñecemento técnico co fin de reducir o cambio climático participando activamente nos cumios internacionais de cambio climático (COP).
Feitos que avalan o noso compromiso
* Dato 2021
** Evolución en 2021 respecto a 2017
** Evolución en 2021 respecto a 2017
Selos
CDP (Climate Change A List de Carbon Disclosure Project): fomos recoñecidos pola nosa xestión climática coa cualificación A- en CDP Climate Change 2020 (A List) e mantémonos na banda de liderado dende 2011.
Calculo e Reduzo: o Ministerio para a Transición Ecolóxica outorgounos un ano máis este selo, que distingue as organizacións que calculan a súa pegada de carbono e se encontran na senda de reducir as súas emisións.
Alianzas
Lideramos o Clúster de Cambio Climático de Forética, que é a plataforma empresarial de referencia en España en materia de cambio climático.