Inicio / Accesibilidade
Accesibilidade
O web corporativo de Naturgy ten como prioridade o achegamento ao usuario dende todas as perspectivas, polo que se realizou un deseño que permite percibir, entender, navegar e interactuar co web.
- O proceso de conceptualización e deseño tivo en conta a metodoloxía denominada Deseño Centrado no Usuario, e foi validado con usuarios finais a través de probas de testaxe real.
- Procurouse o acceso de todas as persoas, independentemente das súas condicións, xa sexa de contorna (ruído, navegadores antigos, conexións lentas,…) como físicas (deficiencias visuais, auditivas, motoras, de linguaxe ou relacionadas co envellecemento).
- Tecnoloxicamente, desenvolveuse garantindo o cumprimento das normas UNE e do W3C (World Wide Web Consortium), no seu nivel intermedio (AA).
- A capa de presentación baseouse nas recomendacións do W3C sobre as Follas de Estilo en Fervenza, Nivel 2 (CSS2) e empregouse o estándar recomendado en emprego de código HTML verificando as recomendacións usamos XHTML 1.0 Strict.
Con todo isto, conseguíronse algunhas vantaxes como:
- Código HTML e Follas de estilo axustadas para garantir a correcta visualización e que fan que o noso web se adapte aos distintos dispositivos logrando un acceso á información case universal.
- Ademais, os tamaños de fontes foron definidos con unidades relativas para que se poida ampliar ou diminuír dende o navegador.
- Navegación con ou sen follas de estilo activadas. Así mesmo, navegación con ou sen JS activado. Con todo este labor conseguiuse que o noso sistema estea preparado para ofrecerlles o noso contido aos usuarios de forma universal.
Respecto ás funcionalidades ofrecidas, temos que diferenciar tres casuísticas:
- As funcionalidades sen integración con outros sistemas, que foron desenvolvidas neste proxecto seguindo as pautas indicadas nas normas de accesibilidade.
- As funcionalidades integradas con outros sistemas: a complexidade técnica de integración con estes servizos imposibilitou o seu desenvolvemento. Neste sentido Naturgy comprométese a seguir traballando para conseguir que todas as súas aplicacións sexan totalmente accesibles.
- As funcionalidades de terceiros: o noso compromiso coa accesibilidade faise extensible a todas as empresas colaboradoras coas que traballamos. Polo tanto, solicitóuselles a todas elas o seu compromiso e xestión para garantir a accesibilidade das súas aplicacións.