Notas de prensa

GAS NATURAL FENOSA lanzou hoxe NEDGIA, a nova marca para toda a súa actividade de distribución de gas en España, e inicia unha nova etapa enfocada no crecemento e a transformación da súa actividade co obxectivo de achegar benestar a 10,7 millóns de usuarios (a través de máis de 5,3 millóns de puntos de subministración no noso país).
Nedgia logo.
GAS NATURAL FENOSA, en liña coa súa firme aposta pola innovación, desenvolveu un sistema único no mundo para a transferencia de GNL (gas natural licuado). Esta infraestrutura é un sistema flotante, recoñecido con diferentes patentes e en exclusividade, consistente nunha plataforma que dispón dun sistema de unión compatible con cualquera tipo de barco metaneiro.
A Dirección Xeral de Negocios Regulados de GAS NATURAL FENOSA nomeou a Raúl Suárez Álvarez como novo director de Unión Fenosa Distribución, filial distribuidora de electricidade da multinacional enerxética en España. Suárez ten previsto continuar coa liña de traballo desempeñada polo anterior director, Luis Zarauza.