Enerxía hidráulica

Coidamos a contorna das nosas instalacións de xeración hidráulica que forman parte do mix enerxético

Temos unha capacidade de produción hidráulica de 2,2 GW a ámbito internacional
O 27 % da enerxía renovable que producimos en 2022 a nivel mundial foi hidráulica
  • A peche de 2022, temos unha capacidade total instalada en hidráulica de 2.074 MW repartidos en 1.951​ MW en España e 123 MW en Costa Rica e Panamá. Ademais, contamos con 111 MW de minihidráulica.

 

  • Cunha produción neta de enerxía en España de 1.978 GWh, incluíndo os 447 GWh de minihidráulica, e 613 GWh no resto do mundo.

Rehabilitación da galería de presión da Central Hidroeléctrica de Mora de Luna

Central Hidroeléctrica de Mora de Luna encóntrase ao norte de León e aproveita as augas do encoro de Los Barrios de Luna. Aínda que os usos principais da súa auga son o regadío e o abastecemento, a Central Hidroeléctrica regula os desencoros e xera 65 GWh de enerxía limpa, o equivalente ao consumo de anual de 19.000 fogares.

Para garantir unha operación segura e respectuosa co medio ambiente, rehabilitamos o túnel de case 4 km que conduce a auga dende o encoro ás turbinas. Para iso, máis de 100 persoas traballaron de xeito simultáneo durante 8 meses, salvagardando numerosas dificultades técnicas, loxísticas e a crise sanitaria derivada do COVID-19.

Central hidráulica de Velle, Ourense
/
Interior da central hidroeléctrica de Belesar, Lugo
/
Central hidráulica de Belesar, Lugo
/
Central hidráulica de Velle, Ourense
/
Central hidráulica de Belesar, Lugo
/
Central hidráulica de Belesar, Lugo
/
Central hidráulica de Belesar, Lugo
/
Central hidráulica de Leboreiro
/
Central hidráulica de Velle, Ourense
/