Naturgy obtén o liderado mundial no sector Gas Utilities do Dow Jones Sustainability Index (DJSI), que inclúe as compañías do mundo con mellores prácticas en sustentabilidade. A compañía enerxética mantén a súa permanencia neste índice por decimo cuarto ano consecutivo e, unha vez máis, foi seleccionada tamén para a súa variante europea, o DJSI Europe.
En canto á puntuación, Naturgy obtivo unha puntuación global de 78 puntos sobre 100. A compañía obtivo a máxima puntuación do seu sector nas tres dimensións avaliadas: económica, medioambiental e social e nalgúns dos criterios avaliados, tales como Códigos de conduta, Seguridade da información e Ciberseguridade, Xestión da innovación, Oportunidades de mercado, Xestión da cadea de subministración, Estratexia climática, Informe medioambiental, Filantropía e Dereitos Humanos e Atracción e retención do talento, entre outros.
O Dow Jones Sustainability Index (DJSI), do que só forman parte un selecto grupo de empresas de todo o mundo, inclúe aquelas que acreditan un mellor posicionamento no cumprimento dos criterios de sustentabilidade e responsabilidade corporativa.
Naturgy atesoura tamén posicións destacadas noutros índices de sustentabilidade, como o liderado mundial no multisector de Utilities de FTSE4Good, no que está presente dende 2001; a máxima cualificación (AAA) da axencia MSCI, así como posicións relevantes nos índices de sustentabilidade Vigeo, Sustainalytics e Oekom.