Gas Natural Fenosa e InCom-UAB renovan o convenio para a décima edición do ‘Informe de la Comunicació a Catalunya’

  • A multinacional enerxética patrocina este informe, clave dentro do panorama comunicativo catalán, dende a súa creación no ano 2000.
  • Este proxecto do Instituto da Comunicación da Universitat Autònoma de Barcelona ofrece, de forma regular, unha descrición actualizada e unha análise interpretativa da evolución dos diferentes campos que configuran o sector da comunicación en Cataluña.
  • GAS NATURAL FENOSA mantén o seu compromiso de colaboración coa sociedade apoiando iniciativas que xeran valor engadido aos territorios nos cales a compañía desenvolve a súa actividade.

O director xeral de Comunicación e Relacións Institucionais de Gas Natural Fenosa, Jordi Garcia Tabernero, e a reitora da Universitat Autònoma de Barcelona, Margarita Arboix Arzo, asinaron o acordo polo que a compañía enerxética se mantén como patrocinadora do Informe de la comunicació a Catalunya por décima edición consecutiva. Gas Natural Fenosa patrocina este informe, clave dentro do panorama comunicativo catalán, dende a súa creación no ano 2000.

Informe de la comunicació a Catalunya é un proxecto do Institut de la Comunicació de la Universitat Autònoma de Barcelona (InCom-UAB), que recibe o patrocinio da compañía, dende a súa creación no ano 2000, e o apoio da Generalitat de Catalunya. Ofrece, de forma regular, unha descrición actualizada e unha análise interpretativa e plural da evolución dos distintos campos que configuran o sector da comunicación en Cataluña. Para esta décima edición, o Informe ofrecerá unha análise detallada dos anos 2017 e 2018, ao mesmo tempo que achegará unha visión única e singular sobre a evolución nos distintos sectores da comunicación en Cataluña durante as dúas últimas décadas, detectando as semellanzas e diferenzas respecto a outros países da contorna. A súa presentación pública prevese para o outono de 2019.

Institut de la Comunicació (InCom-UAB)

O Institut de la Comunicació da Universitat Autònoma de Barcelona (InCom-UAB), fundado no ano 1997, é un centro de investigación especializado. Os seus obxectivos principais son a investigación básica e aplicada, a formación especializada, a difusión, a prestación de servizos avanzados en comunicación e a transferencia de coñecementos.

O Informe de la comunicació a Catalunya 2017–2018 é a décima edición desta obra colectiva. Forma parte do Observatori de la Comunicació a Catalunya (OCC InCom-UAB) e conta coa participación dunha vintena de autores, procedentes de distintas universidades e institucións, públicas e privadas.

O compromiso de Gas Natural Fenosa co territorio

Gas Natural Fenosa mantén un forte compromiso coa sociedade e nos máis de 30 países nos que desenvolve a súa actividade, que vai alén do servizo enerxético que dá aos cidadáns. A través dos patrocinios, busca participar naqueles proxectos que máis valor engadido acheguen á cidadanía, con liñas de acción no ámbito social, cultural e medioambiental.

Empresa enerxética líder

GAS NATURAL FENOSA é unha das compañías multinacionais líderes no sector do gas e a electricidade, presente en máis de 30 países e que conta con 18 millóns de clientes e unha potencia instalada de 15,4 GW. É o grupo multinacional líder no sector enerxético e pioneiro na integración do gas e a electricidade, sector que lidera en América latina e España.

Compartir