Un colexio de San Clemente (Cuenca) e unha alumna de Tarazona de la Mancha (Albacete) gañan o concurso educativo Fungastic de Nedgia

  • O premio á participación foi para o colexio público “Rafael López de Haro” e o mellor debuxo foi o de Rosa Matoque Tovar, de 9 anos, do CEIP “Eduardo Sanchiz”.

NEDGIA Castilla-La Mancha, distribuidora de gas do grupo Gas Natural Fenosa na rexión, concedeu ao colexio de educación infantil e primaria “Rafael López de Haro”, de San Clemente (Cuenca), e á alumna Rosa Matoque Tovar, do CEIP “Eduardo Sanchez” de Tarazona de la Mancha (Albacete), os premios do concurso de debuxo do Programa Educativo Fungastic, cuxo obxectivo é promover o coñecemento e a concienciación sobre boas prácticas do consumo de gas natural no fogar entre o alumnado de educación primaria do país.

Na itinerancia do programa educativo Fungastic, participaron diversos colexios de Castela-A Mancha que presentaron 341 traballos, dos cales resultou gañador o colexio público “Rafael López de Haro” de San Clemente, premiado como o centro educativo no que participaron máis alumnos. O premio ao mellor debuxo, por outra banda, foi para a alumna Rosa Matoque Tovar, de 9 anos, do CEIP “Eduardo Sanchiz” de Tarazona de la Mancha (Albacete).

O acto de entrega dos premios desenvolveuse de forma sucesiva nas dúas localidades. O delegado de NEDGIA Castilla-La Mancha en Cuenca e Albacete, Manuel Sánchez, e a coordinadora do Programa Fungastic, Marta Porrà, entregaron en San Clemente o premio ao director do CEIP “Rafael López de Haro”, Eduardo Sánchez. Posteriormente en Tarazona de la Mancha, a alumna gañadora, Rosa Matoque, á que acompañaron os seus pais e o xefe de estudos do colexio, Francisco José Cuartero, recibiu o seu galardón de mans de Manuel Sánchez e Marta Porrà.

O obxectivo do concurso é complementar e afianzar o programa educativo Fungastic e darlle continuidade fóra das aulas, mantendo a curiosidade do alumnado polo recurso enerxético do gas natural e aplicando os coñecementos adquiridos. O concurso consistiu en debuxar unha boa práctica do consumo de gas no fogar.

O centro educativo “Rafael López de Haro” logrou ter a maior participación no concurso por parte do alumnado, en relación ao total de participantes na actividade, e por iso se lle obsequiou cun xogo de dúas mesas de cultivo urbano para facer o seu propio horto. O premio ao mellor debuxo consiste nunha viaxe dunha fin de semana a Barcelona para toda a familia, que inclúe aloxamento e visita ao Museo do Gas.

Esta actividade, realizada en diversos centros educativos de distintas comunidades autónomas de España, en colaboración coa Fundación Gas Natural Fenosa, foi deseñada para entender, aprender, xogar e desenvolver coñecementos e actitudes sobre este importante recurso natural e enerxético. As actividades desenvolvéronse nas escolas, onde se propuxeron diferentes dinámicas de participación e probas manipulativas para que os alumnos aprendan a partir da experimentación, participando nun concurso e demostrando os coñecementos que aprenderon.

Fundación Gas Natural Fenosa

A Fundación Gas Natural Fenosa, a través do seu Museo do Gas, ten unha ampla experiencia en actividades educativas. Este centro cultural, inaugurado en 2012, conta cun programa de actividades educativas para todas as idades, nas que participaron máis de 56.000 alumnos e ao redor de 500.000 usuarios. O Programa educativo Fungastic é itinerante e ofrécese en diferentes municipios das comunidades autónomas do territorio español.

Compartir