Notas de prensa

Naturgy presentou ao mercado, hoxe en Londres, o seu Plan Estratéxico para o período 2018-2022 no que o grupo presenta un sólido posicionamento no novo ámbito da transición enerxética global. Deste modo, a compañía está firmemente convencida de que o gas e as renovables terán un papel moi relevante na transición enerxética.
O presidente executivo de Naturgy, Francisco Reynés, presidiu hoxe a súa primeira Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas da compañía, dende que foi nomeado o pasado mes de febreiro, e que tivo lugar hoxe en Madrid.
GAS NATURAL FENOSA descargou en España o primeiro cargamento de gas natural licuado (GNL) procedente de Rusia dun contrato de longo prazo cunha capacidade de 172.600 metros cúbicos de gas, que equivale ao consumo de Madrid nun mes e se destinará á subministración do sueste de Europa.
A directora executiva de NEDGIA, Nuria Rodríguez, xunto cos CEO de GREDF (Francia), Edouard Sauvage, de Distrigaz Sud Retele (Romanía), Dan Pantilie, de Italgas (Italia), Pablo Gallo, e o de Galp Gás Natural Distribuição (Portugal), Gabriel Sousa, reuníronse hoxe coa comisaria de Transporte, Violeta Bulc, en Bruxelas, para presentar as vantaxes do gas natural e o gas renovable para a descarbonización do transporte en Europa.
Máis de 20 entidades formadas por empresas do sector servizos, tecnolóxicas e organismos de investigación de Cataluña crean a Comunidade Utilities 4.0, que xorde co obxectivo de transformar o sector servizos a medio prazo e implantar na sociedade catalá o paradigma industrial 4.0 na prestación dos servizos básicos e recursos.
Gas Natural Servicios, a comercializadora de GAS NATURAL FENOSA, e a Asociación de Traballadores Autónomos de Navarra asinaron un acordo para poñer á disposición dos afiliados desta federación unha ampla oferta de enerxía, servizos e solucións enerxéticas destinada a mellorar a eficiencia enerxética dos traballadores autónomos.