Naturgy inaugura o Parque Eólico Fuerteventura Renovable II

  • A instalación producirá 14 GWh anualmente, o cal equivale ao consumo eléctrico de 4.000 vivendas
  • Naturgy investiu cinco millóns e medio de euros na construción deste parque que ten unha potencia de 4,7 MW.
  • Este parque eólico, situado no termo municipal de La Oliva, xerou arredor de 40 postos de traballo.

O presidente do Cabido de Forteventura, Marcial Morais, acompañado polo director de Desenvolvemento de Xeración de Naturgy, Carlos González, e o responsable de Desenvolvemento de Renovables en Canarias da compañía, Sergio Auffray, inauguraron hoxe o Parque Eólico Fuerteventura Renovable II que construíu Naturgy na illa.

A instalación eólica conta con 2 aeroxeradores que suman unha potencia total de 4,7 megawatts (MW), e producirá ao redor de 14 GWh ao ano, equivalentes ao consumo eléctrico anual de 4.000 vivendas. Esta infraestrutura permitirá desprazar o uso doutras fontes de xeración eléctrica convencional, o que contribúe a reducir en aproximadamente 11.000 toneladas ao ano as emisións contaminantes e de efecto invernadoiro, e en 280.000 toneladas as emisións de CO2 durante toda a súa vida.

O investimento realizado por Naturgy na construción do Parque Eólico Fuerteventura Renovable II alcanzou os cinco millóns e medio de euros. O parque eólico supuxo, ademais, a creación duns 40 postos de traballo entre as fases de construción e operación e mantemento.

“Co desenvolvemento deste proxecto, Naturgy reforza o seu compromiso con Canarias e demostra a forte aposta da compañía polo incremento en xeración renovable, incluído no noso Plan Estratéxico 2018-2022”, afirmou Carlos González, director de Desenvolvemento de Xeración de Naturgy.

Presenza en Canarias

Ademais do Parque Eólico Fuerteventura Renovable II, Naturgy construíu, no marco da Cota Eólica Canaria, o complexo eólico Agüimes, formado por 8 parques, cunha potencia total instalada de 41 MW e que supuxo un investimento de máis de 63 millóns de euros.

Además, a compañía ten na actualidade unha carteira de proxectos eólicos e fotovoltaicos en tramitación no arquipélago, co obxectivo de presentalos nos próximos concursos de xeración renovable que o Goberno central anunciou para próximas datas.

Naturgy

A filial de renovables da multinacional enerxética pechou o exercicio 2017 en España cunha potencia instalada en operación de 1.147 MW consolidables, dos que 979 MW corresponden a parques eólicos; 110 MW, a centrais minihidráulicas e 58 MW, a coxeración e fotovoltaica.

A compañía vai construír nos próximos meses diversos proxectos renovables en distintas comunidades autónomas cos que vai duplicar o seu tamaño antes de final de 2019.

Compartir