Naturgy e General Electric organizan un simulacro de rescate no parque eólico de Peñarroldana (Zamora)

  • A xornada contou coa colaboración de Bombeiros do Concello de Zamora e Emerxencias Sanitarias de Castela e León.

Naturgy y GE Renewable Energy organizaron recentemente unha xornada de simulacro de rescate dun posible accidentado no parque eólico de Peñarroldana, situado no municipio de Santa Eufemia del Barco da provincia de Zamora.

A xornada, que contou coa colaboración de Bombeiros do Concello de Zamora e Emerxencias Sanitarias de Castela e León, tivo como obxectivo establecer protocolos de coordinación cos organismos de salvamento para atender posibles incidencias no recinto eólico.

A manobra de rescate, que se desenvolveu con éxito, consistiu en dous escenarios diferentes de evacuación dunha posible persoa accidentada na torre e a parte superior dun aeroxerador. No desenvolvemento da proba participaron tamén brigadas de efectivos de salvamento e sanitarios, persoal responsable do parque e da empresa mantedora da instalación.

Naturgy

Naturgy pechou o exercicio 2017 cunha potencia total instalada en operación de 1.147 MW consolidables, dos cales 979 MW corresponden a eólica, 110 MW a minihidráulica e 58 MW a coxeración e fotovoltaica.

O parque eólico de Peñarroldana entrou en funcionamento en 2009 e conta actualmente con 22 aeroxeradores e unha potencia instalada de 35,2 MW. En Castela e León, a compañía enerxética conta con 295 MW de potencia eólica instalada nas provincias de León, Zamora, Burgos e Palencia, dos cales 141,35 se encontran na provincia de Zamora.

GE Renewable Energy

GE Renewable Energy é unha compañía cunha facturación superior a 10.000 millóns de dólares que reúnen un dos máis amplos portafolios de produtos e servizos da industria das enerxías renovables. Combinando a enerxía eólica, hidroeléctrica e tecnoloxías innovadoras, así como recentemente pas de turbina, GE Renewable Energy instalou máis de 400 GW de capacidade no mundo, contribuíndo a que este funcione mellor e de xeito máis limpo. Con máis de 22.000 empregados en máis de 55 países, GE Renewable Energy está avalada polos recursos da primeira compañía industrial dixital do mundo. O obxectivo de GE Renewable Energy é demostrar ó mundo que ninguén debería elixir nunca entre enerxía accesible, confiable e sostible. Síguenos en @GERenewables y www.gerenewableenergy.com.

Imagen
Compartir