Gas Natural Fenosa Renovables investirá 165 millóns de euros na construción de 250 MW fotovoltaicos en España

  • A filial de renovables de GAS NATURAL FENOSA seleccionou un total de nove plantas fotovoltaicas asociadas aos 250 MW de potencia adxudicada na poxa realizada polo Goberno o pasado mes de xullo.
  • Os proxectos que configuren finalmente a potencia adxudicada, situados nas Comunidades Autónomas de Castela-A Mancha e Estremadura, terán un recurso solar que superará as 1.900 horas de produción anual.

Segundo o procedemento establecido polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital (MINETAD), os adxudicatarios teñen a obriga de seleccionar este mes de abril os proxectos que poden chegar a construír asociados á potencia adxudicada na poxa de renovables de xullo do pasado ano, permitindo na devandita selección identificar proxectos por unha potencia de ata un 50% superior á adxudicada.

Gas Natural Fenosa Renovables formalizou a selección de nove plantas fotovoltaicas, cunha potencia total de máis de 340 MW, —fronte aos 250 MW eólicos adxudicados—, e que se encontran situados en 4 provincias de dúas comunidades autónomas: Castela-A Mancha e Estremadura.

Gas Natural Fenosa Renovables anunciou recentemente o inicio da construción do proxecto La Nava, de 49 MW, situado na provincia de Cidade Real, e nos próximos meses irá confirmando a execución daquelas plantas que, de entre os restantes proxectos identificados, vaian configurar finalmente os 250 MW adxudicados, que terán, en calquera caso, un recurso solar superior ás 1.900 horas de produción anual. A compañía estima que o desenvolvemento destes proxectos supón un investimento total de arredor de 165 millóns de euros.

Proxectos fotovoltaicos seleccionados por Gas Natural Fenosa Renovables

En concreto, Gas Natural Fenosa Renovables seleccionou os proxectos de Canredondo, Carpio de Tajo, La Nava, Picón I, Picón II, Picón III e Zorita en Castela-A Mancha, cunha potencia total de 271,7 MW; e os proxectos de Las Jaras de Badaxoz e Miraflores en Estremadura, cuxa potencia total que ascende a 70 MW.

Gas Natural Fenosa Renovables

O resultado das poxas de maio e xullo de 2017 supuxo un éxito para a filial de renovables de GAS NATURAL FENOSA, xa que se situou por diante do resto de utilities que operan no sector enerxético español.

A directora de Gas Natural Fenosa Renovables, Ana Peris, destacou que “estas poxas permiten materializar os proxectos nos que o grupo enerxético traballou durante os últimos anos, que configuran unha carteira realmente competitiva e optimizada.”

O portfolio de proxectos de Gas Natural Fenosa Renovables, que contan cun grao de tramitación avanzado, permite anticipar o cumprimento dos seguintes obxectivos establecidos polo MINETAD para a potencia adxudicada.

Gas Natural Fenosa Renovables, empresa integrada en GAS NATURAL FENOSA, pechou o exercicio 2017 cunha potencia total instalada en operación de 1.147 MW consolidables, dos cales 979 MW son de eólica, 110 MW de minihidráulica e 58 MW de coxeración e fotovoltaica.

Compartir