Gas Natural Fenosa impulsa o transporte de mercadorías por estrada con combustibles sustentables co proxecto BESTWay

  • BESTWay é unha iniciativa impulsada por GAS NATURAL FENOSA para desenvolver nove estacións de recarga de gas natural licuado ao longo do Corredor Atlántico, dende Alxeciras ata París 
  • Este proxecto contribuirá ao despregamento a grande escala do gas natural como combustible alternativo para o transporte por estrada
De esquerda a dereita: Alberto Solero, técnico comercial de GNV, José Seijas, solucións de mobilidade; Javier de Pablo, coordinador do proxecto BESTWay; e Américo Ruano, técnico de explotación e mantemento de GNV.

O obxectivo xeral deste proxecto é identificar, implantar e validar novas solucións de recarga de gas natural licuado (GNL) e gas natural comprimido (GNC) ao longo do Corredor Atlántico, abordando os temas actuais das regulacións técnicas e de mercado en materia de seguridade, normalización, loxística, acceso público e interoperabilidade.

Máis en concreto, esta iniciativa está a desenvolver nove estacións de recarga de GNL ao longo do Corredor Atlántico (de Alxeciras a París), para enlazar así con outros corredores europeos de mobilidade sustentable.

Estas estacións incorporarán solucións avanzadas para a xestión e operacións remotas. Ademais, desenvolverase unha infraestrutura TIC para ofrecer servizos e aplicacións con fin de mellorar a interoperabilidade e, ao mesmo tempo, garantir o acceso público á estación. Incluirán a compatibilidade co sistema de pagamento, a formación e a acreditación.

Ademais diso, BESTWay ten, entre outras, as seguintes innovacións tecnolóxicas e pioneiras en Europa, como:

  • Recuperación do Boil-off do tanque do camión e o tanque de GNL para producir GNC.
  • Surtidores de GNL capaces de medir en tempo real P, T, V e caudal.
  • Estudo de métodos fiables e precisos para medir a cantidade de GNL dentro do tanque, así como a súa calidade.
  • Deseño dun sistema de formación e acreditación dos condutores para aumentar as medidas de seguridade na recarga de GNL.

Este proxecto está financiado pola Unión Europea, a través do seu programa Connecting Europe Facility (CEF). A implantación estará completamente desenvolvida en xullo do presente ano.

Todo isto contribuirá ao despregamento a grande escala do gas natural como combustible alternativo para o transporte por estrada.

Gas Natural Vehicular

Adicionalmente, no marco deste encontro tamén se realizou unha aproximación ao gas natural vehicular (GNV).

O gas natural é unha alternativa real que permite reducir a dependencia do petróleo en todos os segmentos da mobilidade. Neste sentido, GAS NATURAL FENOSA é a empresa española líder en servizos de mobilidade a gas.

O gas natural vehicular, tanto na súa forma comprimida coma na súa forma líquida, é o combustible máis eficiente e sustentable, xa que conxuga importantes vantaxes medioambientais, a través da redución de emisións e dunha menor contaminación acústica, e tamén económicas.

O gas natural vehicular é unha alternativa real que está a permitir mellorar a calidade do aire das nosas cidades, xa que reduce en máis dun 85% as emisións de óxidos de nitróxeno e en case o 100% as partículas en suspensión, principais contaminantes que afectan á saúde humana, e a ámbito global, ata nun 20% as emisións de CO2, principal gas de efecto invernadoiro. Ademais, os motores de gas natural producen ata un 50% menos de emisión sonora e vibracións que os motores diésel.

Máis alá das vantaxes medioambientais, o gas natural é un combustible moi competitivo dende o punto de vista económico se se compara co gasóleo e a gasolina, xa que se poden lograr aforros de entre o 25% e o 50%, en función da solución adoptada.

O gas natural vehicular, tanto na súa forma comprimida coma na súa forma líquida, álzase como unha eficaz alternativa de mobilidade que resolve os inconvenientes económicos, medioambientais e acústicos do petróleo.

Ademais, segundo a Asociación Española de Avaliación de Impacto Ambiental (EIA), as reservas probadas de gas natural convencional e non convencional alcanzan os 250 anos, polo que se garante a súa dispoñibilidade a longo prazo.

A evolución do vehículo a gas natural está a experimentar un crecemento exponencial. Nos últimos 10 anos, o parque de vehículos que usan este combustible multiplicouse por 6, cifra que supera o 27% se a comparativa é respecto ao último ano.

Para apoiar esta expansión dos vehículos propulsados a gas natural, actualmente existen dous proxectos liderados por GAS NATURAL FENOSA: o mencionado BESTWay e o proxecto ECO-GATE, que implica a construción de máis de 20 gasineiras nos Corredores Atlántico e Mediterráneo da rede de estradas de España, Francia, Alemaña e Portugal.

Imagen
Compartir