Notas de prensa

GAS NATURAL FENOSA alcanzou un beneficio neto de 1.360 millóns de euros en 2017, un 1% máis que no ano 2016, cifra que cumpre co obxectivo previsto pola compañía no seu Plan Estratéxico.
GAS NATURAL FENOSA e Endesa convertéronse nas primeiras compañías da Península Ibérica en realizar unha operación de compravenda de enerxía empregando a tecnoloxía blockchain (cadea de bloques). En concreto, as compañías realizaron unha transacción por un volume total de 5,95 GWh de gas natural.
O Consello de administración, reunido hoxe en sesión ordinaria, acordou, por unanimidade, nomear a Francisco Reynés Massanet novo presidente executivo de Gas Natural Fenosa, co obxectivo de liderar unha nova etapa de transformación e crecemento da compañía.
From left to right, Isidro Fainé, Francisco Reynés, and Rafael Villaseca.
A oferta de recompra de bonos de GAS NATURAL FENOSA, realizada o pasado día 16 de xaneiro, concluíu hoxe e alcanzou o obxectivo previsto pola compañía. En concreto, a oferta, con vencementos entre 2019 e 2023, tivo una demanda de 915,5 millóns euros, que finalmente foi recomprada na súa totalidade. Os bonos recomprados tiñan un cupón medio do 4,45%.
GAS NATURAL FENOSA e Baleària asinaron hoxe o primeiro contrato de subministración de bunkering de Gas Natural Licuado (GNL) para a propulsión de buques en España.
GAS NATURAL FENOSA pechou hoxe unha emisión de bonos por un importe de 850 millóns de euros e vencemento en xaneiro de 2028. Esta emisión fixouse cun cupón anual do 1,5%. O prezo de emisión dos novos bonos é dun 98,937% do seu valor nominal.