Notas de prensa

A Fundación Naturgy lanza esta semana un novo recurso educativo para sensibilizar a xuventude sobre a importancia do papel do gas renovable como fonte de enerxía clave para frear o cambio climático e favorecer a economía circular.
Naturgy, membro da Asociación Española del Hidrógeno (AeH2), converteuse no primeiro socio promotor desta mostrando o seu forte compromiso co desenvolvemento do gas renovable e do hidróxeno. Con este paso, ambas as dúas organizacións estreitan a súa colaboración en materia de innovación, desenvolvemento e uso do hidróxeno.
A Fundación Naturgy e Cruz Vermella en Alacant formaron xa máis de 150 familias en situación de vulnerabilidade enerxética, para mellorar os seus hábitos de consumo e poder reducir así a súa factura enerxética. Dende xaneiro, a Escola de Enerxía da Fundación Naturgy realizou 18 sesións formativas na sede de Cruz Vermella en Alacant.
UFD, filial de distribución eléctrica de Naturgy, aliouse coa empresa start up navarra FuVeX, desenvolvedora dunha aeronave con deseño patentado, para facer posible a inspección das súas liñas eléctricas con maior eficiencia e eliminando riscos de seguridade para os operarios.
A Fundación Naturgy e a Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR) colaborarán para mellorar a eficiencia enerxética de fogares de familias vulnerables, grazas aos recursos do Fondo Solidario de Rehabilitación Enerxética da fundación da empresa enerxética.
A Fundación Naturgy e a Fundación Roure acometeron con éxito a rehabilitación de 11 fogares de familias vulnerables en Barcelona, e acordaron duplicar esta cifra nos próximos meses. Estas actuacións realízanse grazas aos recursos que o Fondo Solidario de Rehabilitación Enerxética da Fundación Naturgy pon a disposición de entidades sociais, para mellorar a eficiencia enerxética de vivendas dos colectivos máis desfavorecidos.