O Parque Eólico Merengue recibe os primeiros aeroxeradores

  • O parque eólico que está a construír a filial de renovables de Naturgy producirá 155 GWh anualmente, o que equivale ao consumo eléctrico de 44.000 vivendas.

Os compoñentes dos primeiros aeroxeradores que configurarán o Parque Eólico Merengue comezaron a chegar esta mañá aos terreos onde se está a construír o proxecto eólico. Trátase de aeroxeradores da marca Siemens Gamesa modelo G126, cunha potencia unitaria de 2,625 MW e que terán unha altura de 84 metros dende a base ata a buxa, un diámetro de rotor de 126 metros.

Durante as próximas semanas irán chegando o resto de compoñentes ata completar os 15 aeroxeradores que formarán o primeiro parque eólico de Estremadura.

Parque Eólico Merengue

O Parque Eólico Merengue, o primeiro que se constrúe en Estremadura, está promovido por Naturgy e terá unha potencia de 40 megawatts (MW) e un investimento duns 40 millóns de euros. O parque producirá ao redor de 155 GWh ao ano, equivalentes ao consumo anual eléctrico de 44.000 vivendas. Durante a súa construción crearanse aproximadamente 250 empregos.

Naturgy

A filial de renovables da multinacional enerxética conta actualmente en España cunha potencia instalada en operación de 1.147 MW consolidables, dos que 979 MW corresponden a parques eólicos; 110 MW, a centrais minihidráulicas e 58 MW, a coxeración e fotovoltaica.

A compañía vai construír nos próximos meses diversos proxectos renovables en distintas comunidades autónomas cos que vai duplicar o seu tamaño antes de final de 2019.

Imagen
Compartir