O Parque Eólico Haría cumpre un ano a pleno rendemento

  • O parque construído por Naturgy produciu 7,8 GWh de enerxía durante este primeiro ano, o que equivale ao consumo de electricidade de 2.850 vivendas.
  • Este parque eólico foi o primeiro que a compañía enerxética puxo en funcionamento en Canarias.

O Parque Eólico Haría, o primeiro que Naturgy construíu no arquipélago, cumpre un ano da súa posta en marcha. Durante este período de tempo, esta infraestrutura produciu 7,8 xigawatts hora (GWh), o que equivale ao consumo eléctrico de 2.850 vivendas.

Naturgy investiu 3,9 millóns de euros para a construción desta infraestrutura situada no termo municipal de Agüimes. Ten unha potencia instalada de 2,35 MW e durante todo este ano permitiu desprazar o uso doutras fontes de xeración eléctrica convencional, contribuíndo a reducir arredor de 6.170 toneladas por ano as emisións contaminantes e de efecto invernadoiro.

Presenza en Canarias

Este parque eólico é un dos oito que conforman o complexo eólico Agüimes, xunto con Balcón de Balos, Doramas, La Vaquería, Montaña Perros, Piletas 1, Triquivijate e Vientos del Roque.

Cun total de 16 aeroxeradores, suman unha potencia instalada de 41 MW e supuxeron un investimento de máis de 63 millóns de euros. Estes parques xerarán 127 GWh ao ano de electricidade, o equivalente ao consumo anual de 50.000 vivendas. Este proxecto supuxo un importante estímulo económico e social para a zona, xa que durante a súa fase de construción xerou preto de 290 postos de traballo.

Ademais, Naturgy construíu unha instalación en Forteventura, o Parque Eólico Fuerteventura Renovable II, en funcionamento dende finais de 2018.

Naturgy

A filial de renovables da multinacional enerxética pechou o exercicio 2018 en España cunha potencia instalada en operación de 1.179 MW consolidables, dos que 1.012 MW corresponden a parques eólicos; 109 MW, a centrais minihidráulicas e 58 MW, a coxeración e fotovoltaica.

A compañía está a construír diversos proxectos renovables en distintas comunidades autónomas cos que vai duplicar o seu tamaño antes de final de 2019.

Imagen
Compartir