Nedgia Castilla-La Mancha renova a súa colaboración co Festival de Cine de Castela-A Mancha

  • A distribuidora de gas do grupo Gas Natural Fenosa na rexión será por quinto ano consecutivo patrocinadora principal deste certame.

NEDGIA Castilla-La Mancha, distribuidora de gas do grupo Gas Natural Fenosa na rexión, patrocinará por quinto ano consecutivo o Festival de Cine de Castela-A Mancha (FECICAM), tras renovar o seu compromiso co certame como un dos patrocinadores principais da súa novena edición.

O director xeral de Nedgia Castilla-La Mancha, Miguel Martín de Pinto, subscribiu o convenio de colaboración cos directores do festival, Alvar Vielsa e Marina González, para apoiar o Festival que se celebrará en Cidade Real do 20 ao 24 de marzo de 2018. Á sinatura asistiu tamén a delegada de Nedgia Castilla-La Mancha en Cidade Real, Mercedes Orozco.

Durante un dos pases do Festival, está prevista a proxección da primeira parte da película Proyecto tiempo —a curtametraxe La llave— dirixida por Isabel Coixet e producida polo grupo Gas Natural Fenosa no marco da terceira edición de Cinergía, iniciativa de apoio á industria cinematográfica de España a través da produción de películas na que, ademais, se busca concienciar sobre temas como a eficiencia e o aforro enerxético.

Miguel Martín de Pinto subliñou que “o apoio da compañía enerxética a este tipo de festivais que nacen dende abaixo e que, co tempo, logran ocupar un posto destacado na cultura da rexión ten que ver coa nosa aposta pola creatividade, a orixinalidade e o talento dentro do noso cine e o noso territorio”.

Pola súa banda, Alvar Vielsa agradeceu a disposición da empresa enerxética para colaborar con este festival que xa chega á súa novena edición e que conta co respaldo de empresas, institucións e, sobre todo, do favor do numeroso público que, edición tras edición, asiste aos diferentes actos.

Gas Natural Fenosa mantén un forte compromiso co sector cinematográfico dende o ano 2008, a través do seu apoio aos principais festivais e salas de proxección do país. Entre outros, patrocina o Festival de San Sebastián, o Sitges-Festival Internacional de Cine Fantástico de Cataluña, a Madrid Premiere Week, o Festival de Málaga. Cine Español, os premios FEROZ® da crítica e o Festival de Cine Internacional de Cartaxena, así como máis de 40 salas de cine da rede Cinesa en España que levan o nome de Gas Natural Fenosa.

Imagen
Compartir