Naturgy lanza UFD, a nova marca para o seu negocio de distribución de gas en España

  • UFD é o terceiro operador español en distribución de electricidade e opera en Galicia, onde é a empresa líder do sector, Madrid, Castela-A Mancha e Castela e León.
  • A distribuidora de electricidade de Naturgy investiu máis de 85 millóns de euros no primeiro semestre de 2018, o que permitiu mellorar a calidade do seu servizo máis dun 62 por cento con respecto ao mesmo período de 2017 grazas ao desenvolvemento de medidas de innovación, dixitalización e eficiencias.

Naturgy lanzou hoxe UFD, a nova marca para toda a actividade de distribución de electricidade en España e inicia unha nova etapa enfocada no desenvolvemento, tecnificación e dixitalización das súas redes eléctricas aplicando a innovación, como eixes principais do seu negocio de distribución de electricidade para mellorar a calidade de subministración e contribuír á evolución do conxunto do sistema eléctrico.

UFD xunta conceptos básicos do novo modelo de xestión de Naturgy para afrontar os retos de futuro, así se trata dunha marca enfocada á innovación, á dixitalización e a simplicidade e que contribúe a reforzar a nova etapa que iniciou Naturgy dentro do Plan Estratéxico 2018-2022.

“A nova marca, UFD, permite reflectir as raíces e traxectoria da nosa empresa, pero apostamos por un futuro no que as redes de distribución de electricidade desempeñarán un papel esencial na transición enerxética cara a unha economía máis descarbonizada, dando resposta a novos retos enerxéticos, como a integración do incremento da xeración renovable ou a prestación de novos servizos necesarios para desenvolver os novos modelos enerxéticos” afirmou Raúl Suárez, director de UFD.

UFD en España

A distribuidora eléctrica de Naturgy é o terceiro operador español, está presente en Galicia, onde é o maior distribuidor de electricidade, Madrid, Castela-A Mancha e Castela e León. UFD investiu máis de 85 millóns de euros durante o primeiro semestre de 2018 co obxectivo de reforzar e tecnificar a rede e mellorar a calidade de subministración.

Grazas a estes esforzos, a distribuidora eléctrica de Naturgy mellorou a súa calidade de subministración eléctrica en España un 62,6% ao peche do primeiro semestre deste ano con respecto ao mesmo período de 2017. UFD rexistrou un TIEPI (tempo de interrupción equivalente da potencia instalada en media tensión) de 24,8 minutos, un dos mellores non só en España, tamén en Europa, e que contrasta cos 67 minutos rexistrados nos primeiros seis meses de 2017.

Por zonas, salientan os valores alcanzados por UFD na Coruña (7,45 minutos, unha das mellores no país), Madrid (7,56 minutos, moi por enriba, en termos de calidade, doutros distribuidores), Cidade Real (8,47 minutos) ou Segovia (con algo máis de 12 minutos).

A compañía conta con máis de 3.720.000 puntos de subministración (3.720.509), cun crecemento neto anual de 18.602 puntos (ano 2017), grazas a unha rede de case 65.000 quilómetros.

UFD prevé continuar co ritmo investidor, primando a innovación e a dixitalización na súa aposta por un negocio que achega valor á compañía, á vez que contribúe a unha transición enerxética eficiente e racional que garante a calidade de subministración aos cidadáns.

Compartir