María Eugenia Coronado, nomeada nova directora xeral da Fundación Naturgy

  • Coronado xestionará o novo plan estratéxico da Fundación Naturgy, no cal se consolida a actividade de loita contra a vulnerabilidade, e impulsarase a promoción da eficiencia enerxética e a innovación tecnolóxica.

María Eugenia Coronado foi nomeada directora xeral da Fundación Naturgy, en substitución de Martí Solà, que ocupaba o cargo dende 2013. O Padroado da Fundación aprobou o nomeamento na súa reunión deste mes.

O presidente da Fundación Naturgy, Rafael Villaseca, manifestou que “nomeamos María Eugenia Coronado pola súa longa traxectoria como xestora, a súa experiencia internacional e a visión que ten dos aspectos sociais e de innovación. Con ela lograremos impulsar e executar con precisión as actividades da Fundación en todos os territorios onde Naturgy desenvolve a súa actividade”.

Villaseca agradeceu tamén a Martí Solà a súa grande achega á Fundación, que se converteu nun referente do sector en materia de loita contra a vulnerabilidade enerxética. Solà culmina así unha extensa e exitosa carreira de 33 anos no grupo Naturgy. “Martí foi clave nesta úid, mércores, 20 de ltima etapa á fronte da Fundación para poñer en marcha os ambiciosos proxectos de vulnerabilidade enerxética cos que estamos a apoiar moitas familias por toda España”.

Coronado asegurou que asume este novo reto “con ilusión e co convencemento de que a Fundación Naturgy ten moito que achegar, non só ao debate sobre o futuro do sector enerxético, senón tamén á sociedade e, especialmente, aos vulnerables”.

María Eugenia Coronado é licenciada en Contadoría Pública pola Pontificia Universidad Javeriana de Bogotá. Incorporouse a Naturgy en 2001, como directora económico-financeira de varios negocios en América latina. Posteriormente, exerceu de directora financeira en Italia e en 2007 volveu a América latina como directora de xestión, e posteriormente directora de Ingresos Regulados América latina e Data Officer de América latina.

A Fundación Naturgy, fundada en 1992 pola compañía enerxética, iniciou unha senda de transformación para posicionarse como un referente na loita contra a vulnerabilidade, e na promoción da eficiencia enerxética e a innovación tecnolóxica.

Desenvolve programas de acción social, tanto no ámbito nacional como internacional, incidindo especialmente en actuacións para paliar a vulnerabilidade enerxética, a través de proxectos de rehabilitación enerxética, programas de voluntariado e formación través da Escola de Enerxía.

Outra das grandes liñas de acción son as actividades de divulgación e formación sobre enerxía e medio ambiente, co obxectivo de promover o uso racional dos recursos enerxéticos e fomentar un desenvolvemento sostible. E, entre os máis novos, conta cunha ampla carteira de programas educativos sobre eficiencia enerxética e innovación tecnolóxica. No ámbito cultural, promove accións orientadas tanto á preservación e difusión do patrimonio histórico do sector do gas e a electricidade.

Compartir