Gas Natural Fenosa completa a venda do 20% da distribución de gas natural en España por 1.500 millóns de euros

    • Tras a aprobación das autoridades de competencia, a multinacional enerxética pecha o acordo para a venda dunha participación minoritaria do 20% na compañía Holding de Negocios de Gas, propietaria dos activos de redes de gas en España.

 

    • GAS NATURAL FENOSA recibe un total de 1.500 millóns de euros en efectivo do consorcio de investidores en infraestruturas a longo prazo formado por Allianz Capital Partners e Canada Pension Plan Investment Board.

 

    • A transacción xera reservas positivas no patrimonio neto de GAS NATURAL FENOSA, que mantén unha participación do 80% na sociedade, por aproximadamente 1.000 millóns de euros.

GAS NATURAL FENOSA asinou hoxe o acordo para vender unha participación minoritaria do 20% na compañía Holding de Negocios de Gas, S.A., que posúe os activos de redes de gas en España, a un consorcio de investidores en infraestruturas a longo prazo formado por Allianz Capital Partners e Canada Pension Plan Investment Board.

Tras a aprobación das autoridades de competencia, a compañía enerxética completou a transacción nos termos acordados. Como resultado, GAS NATURAL FENOSA recibe un total de 1.500 millóns de euros en efectivo do consorcio pola participación do 20% vendida en Holding de Negocios de Gas. Ademais, a transacción xera reservas positivas no patrimonio neto de GNF por aproximadamente 1.000 millóns de euros.

GAS NATURAL FENOSA mantén unha participación do 80% e continuará consolidando a sociedade Holding de Negocios de Gas por integración global.

O Consello de administración da sociedade está composto por 7 conselleiros, dos cales 5 son designados por GAS NATURAL FENOSA e 2 designados polo consorcio.

Entre as sociedades integradas no Holding de Negocios de Gas figura Nedgia, S.A., que engloba os activos de distribución de gas en España, así como a participación nas distribuidoras rexionais, que supera os 5,3 millóns de puntos de subministración e os 51.000 quilómetros de rede.

Compartir