A Rioxa acollerá o Energytruck, a exposición itinerante sobre enerxía da Fundación Naturgy

  • O Energytruck, un gran camión sustentable deseñado pola Fundación Naturgy, amosa, dun xeito visual e interactivo, que é a enerxía e como a podemos consumir de forma responsable.
  • A exposición itinerante poderase visitar de xeito gratuíto, ata o 26 de setembro, en Calahorra, A Rioxa.

La Fundación Naturgy achega esta semana á Rioxa a súa exposición itinerante sobre enerxía. O Energytruck permanecerá ata o 26 de setembro na zona de El Silo, en Calahorra, e poderase visitar, de xeito gratuíto, de 9:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h. Posteriormente, estará a partir do xoves 27 de setembro en Estella, Navarra.

A mostra itinerante percorreu, dende a súa posta en marcha en xaneiro de 2016, máis de 52.785 quilómetros e visitou 293 municipios da xeografía española para trasladar os coñecementos relacionados coa enerxía, o medio ambiente e o patrimonio industrial dunha forma amena, interactiva e con actividades didácticas conducidas por educadores especializados. Máis de 174.298 persoas visitaron a exposición, das cales 66.979 son alumnos de grupos escolares de primaria, bacharelato e formación profesional, e máis de 107.319 persoas a través de diferentes colectivos sociais ou durante as xornadas de portas abertas.

Un gran camión sustentable con amplo equipamento tecnolóxico

O camión conta cun motor dual de gas natural que xera entre un 15% e un 20% menos emisións de CO2 respecto aos motores convencionais de gasóleo. Mediante o sistema dual e un consumo de combustibles aproximado de 70% diésel e 30% gas natural comprimido, o vehículo contribúe á mellora da calidade do aire ao reducir un 39% as emisións de PM e un 30% as emisións de NOx respecto a un vehículo só con combustible diésel.

Ao longo dos seus 70 metros cadrados, o espazo móbil acolle un amplo equipamento tecnolóxico, formado por contidos audiovisuais, interactivos e multimedia, ademais de paneis informativos. Trátase dunha exposición onde poder experimentar cos contidos, a través de actividades prácticas centradas no propio visitante. O proxecto tamén inclúe a oferta de talleres e actividades pedagóxicas participativas conducidas por educadores especializados, que divulgarán coñecementos de ciencia e tecnoloxía. As actividades, que son gratuítas, están dirixidas a todos os públicos e están adaptadas a persoas con discapacidade.

A Fundación Naturgy

A Fundación Naturgy, fundada no ano 1992 por NATURGY, ten como misión a difusión, formación, información e sensibilización da sociedade en temas de enerxía e medio ambiente. Tamén desenvolve programas de Acción Social tanto no ámbito nacional como internacional, incidindo especialmente en actuacións destinadas a paliar a vulnerabilidade enerxética. No ámbito cultural, promove accións orientadas tanto á preservación e difusión do patrimonio histórico do sector do gas e a electricidade, a través do Museo Bolarque, como á difusión e estimulación artística da sociedade, a través do espazo multidisciplinario do Museo de Arte Contemporánea.

Compartir