GPG, a filial internacional de xeración eléctrica de Grupo Naturgy, pechou un acordo de financiamento por valor de ata 284 millóns de dólares australianos (176 millóns de euros) con VISION, vehículo de financiamento de proxectos eólicos terrestres lanzado en colaboración entre investidores institucionais asesorados por JP Morgan Asset Management (JPMAM) e Vestas Wind Systems.
A cantidade será destinada á construción do proxecto eólico Berrybank. O parque, que conta cunha capacidade de 180 MW, está situado no estado australiano de Victoria e prevese que entre en operación no segundo trimestre de 2020. Unha vez conectado á rede, será un dos maiores parques eólicos desta rexión australiana.
Berrybank fue adjudicado a GPG en la última subasta de energía renovable convocada por el estado de Victoria. La adjudicación contempla un acuerdo de venta de energía por 15 años con el mencionado estado australiano.
VISION proporcionará o 100% do financiamento, que será destinado á fase de construción do proxecto e obtivo xa as correspondentes aprobacións regulatorias.
Sobre Global Power Generation (GPG)
Global Power Generation (GPG) é a filial de Naturgy Energy Group dedicada a xeración internacional, participada cun 25% por Kuwait Investment Authority (KIA), o fondo soberano máis antigo do mundo. A participación de KIA en GPG xestiónase a través de Wren House Infrastructure Management, a súa plataforma de investimento directo en infraestruturas. GPG xestiona unha capacidade instalada de 4.000 MW e ten un equipo formado por uns 800 profesionais.
Sobre VISION
VISION é un vehículo de financiamento que proporciona liquidez para a construción de novos proxectos eólicos e, posteriormente, recicla o capital en novas oportunidades á medida que os proxectos se completan, facendo posible, desta forma, un importante impulso á tecnoloxía eólica terrestre.